AD

Actualidad

«Imos seguir crecendo, e mais, moita xente de Santiago vén de compras e aos bares a Ames»

today17 julio, 2024

Fondo
share close
AD

Blas García, alcalde do Concello de Ames, fixo balance recentemente do seu primeiro ano de goberno nunha entrevista en Radio Líder Santiago, destacando un ano intenso de moito traballo. A decisión máis importante que tiveron que tomar foi se gobernar co BNG ou en minoría cos oito concelleiros do PSOE. Finalmente, decidiron gobernar en solitario despois das experiencias vividas nos últimos dous mandatos de goberno cos nacionalistas. Tamén lembra que a metade do grupo de goberno é novo en política polo que o primeiro ano sirve de toma de contacto para coñecer o funcionamento da institución.

García lembra que, aínda en minoría, no pasado mes de febreiro aprobaron os orzamentos, os máis grandes da historia do concello. Crearon a empresa públicas de auga que conta co seu orzamento, e apunta que no que levan de lexislatura tiveron unha inversión en obras de 7 millóns de euros. Este orzamento divídese en distintas actuacións entre Bertamiráns, Milladoiro e o rural, onde actualmente se están levando a cabo cinco obras, destacando a inversión de 800.000 euros na parroquia de Lens, con menos de 90 habitantes, «Isto é apostar polo rural», enfatiza.

O rexedor explica que «Ames é un concello de servizos», destacando especialmente o plan de saúde mental, sendo o único concello de Galicia cun plan semellante. Afirmou que moita xente de Santiago vén facer as compras e consumir nos bares de Ames debido á comodidade e a calidade da nosa restauración, e recoñece que deben mellorar o aparcamento xa que vai quedando escaso. En canto ás novas promocións inmobiliarias, destacou que a xente que vive en Santiago está adquirindo pisos en Bertamiráns para mudarse alí. «O concello ten proxectadas 900 vivendas no entorno do IES do Milladoiro e do novo CEIP, o que suporía un incremento dunhas 1500 persoas na poboación», afirma.

Asegura que na actualidad o concello está en proceso de negociación co sector educativo para subir o prezo do servizo de conciliación de comedores, que atende a 1500 rapaces, en comparación con 1075 en Santiago. Para manter este servizo de calidade con catering propio, terán que subir a taxa arredor dun 10%, xa que non se actualiza desde o ano 2012. García asegurou que a maioría da xente entende esta necesidade debido ao incremento xeral dos prezos.

Sobre a oposición, destacou que esta debe ser construtiva, aínda que acusou ao BNG e a outros partidos de facer oposición «por vinganza» tras ser deixados fóra do goberno. Lembrou que nos primeiros plenos non aprobaron as súas propias facturas de cando estaban gobernando, moitas delas para pagar a provedores locais. García tamén sinalou que a oposición debe traballar porque cobran un salario, igual que os membros do goberno. «Os veciños teñen que esixirlle ao grupo de goberno que traballe porque cobramos pero tamén á oposición porque tamén cobra».

Finalmente, anunciou unha ampla programación de verán, onde por terceiro ano consecutivo, o Concello de Ames, en colaboración coas comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina, e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza a programación estival “Verán en Ames 2024”. Esta oferta cultural, que se estende durante tres meses, inclúe unha ampla variedade de actividades e festexos para todos os públicos. Destacando as Festas da Madalena do Milladoiro, do 2 ao 6 de agosto, con eventos como o festival Millarock e actuacións de orquestras como Panorama e Gran Parada ou as Festas da Peregrina de Bertamiráns, do 7 ao 11 de agosto, con actuacións de París de Noia, Los Satélites, Guadi Galego, entre outros.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%