AD

Comarca

Amplíase o número de entradas para o partido da Copa do Rei

today21 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

Negreira, 21 de outubro de 2025.- A SD Negreira anunciou que amplía ata un total de 3.000 entradas dispoñibles para o encontro de Copa do Rei que se disputará o vindeiro martes, 28 de outubro, no Campo Jesús García Calvo, fronte á Real Sociedade.

A decisión chega tras o gran apoio do público e a boa acollida das pre reservas de abonos, polo que o club decidiu aumentar o número de entradas e ampliar os días de venda ao público xeral.

As últimas entradas poranse á venda os días 22 e 23 de outubro, no propio campo Jesús García Calvo, en horario de mañá de 11:00 a 13:00 horas e de tarde de 19:00 a 21:00 horas.

As 200 entradas restantes corresponden ás zonas de fondo e teñen un prezo único de 30 euros.

Agradecemento da SD Negreira

Desde o club quérese agradecer o apoio masivo recibido por parte de socios, afeccionados e veciñanza de Negreira e da comarca.

“O club, directivos, adestradores/as e xogadores/as estamos a vivir un momento histórico que de seguro desfrutaremos todos e todas. O Campo García Calvo converterase o vindeiro martes nun auténtico latexo vermello común”, sinalan desde a entidade.

A SD Negreira agarda que o partido ante a Real Sociedade sexa unha auténtica festa do fútbol, tanto para quen o viva desde o campo como para quen o siga desde a casa.

“A SD Negreira lévase no corazón, e iso vivirémolo o día 28 de outubro”, conclúe o comunicado.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *