AD

Noticia Líder

Ana Pontón, segunda convidada nos Almorzos do Gran Hotel Los Abetos

today27 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

Radio Líder Galicia celebrará este martes, 28 de outubro, unha nova edición de Los Desayunos del Gran Hotel Los Abetos, o espazo radiofónico e multimedia que reúne a destacadas personalidades da actualidade política, empresarial e social de Galicia. Nesta ocasión, a protagonista será Ana Pontón, portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), quen analizará a situación política galega e estatal, así como os principais retos económicos e sociais do noso país.

O encontro, de 10:00 a 11:30 horas, emitirase en directo desde o emblemático hotel compostelán e poderá seguirse a través de toda a rede de emisoras de Radio Líder en Galicia, ademais de en streaming mediante as redes sociais da cadea.

O programa estará conducido por Álvaro Veiga, director de Radio Líder Santiago, quen moderará a conversa inicial coa líder nacionalista. Nesta ocasión, o diálogo enriquecerase coa participación de dous recoñecidos xornalistas galegos:

  • Carmen Chao, reporteira de Antena 3 Noticias, con máis de dúas décadas de experiencia en medios audiovisuais. Desenvolveu boa parte da súa traxectoria en programas como Desde Galicia para el Mundo (TVE Internacional e TVG), Fun polo aire e Galicia Viva, así como unha longa etapa en Mediaset, e conta cunha ampla experiencia como presentadora, guionista e realizadora en diferentes produtoras galegas.

  • Antonio Lodeiro, xornalista con unha dilatada carreira en medios e comunicación institucional. Foi xefe de prensa do Parlamento de Galicia e director de comunicación da Xunta, entre outros cargos. Actualmente conduce o programa Matinal Líder cada mañá en Radio Líder Galicia.

Los Desayunos del Gran Hotel Los Abetos consolídase como un foro de encontro e reflexión sobre a actualidade, ofrecendo cada mes unha conversa en profundidade con figuras destacadas da política, a empresa, a investigación ou a docencia en Galicia.

Este espazo está patrocinado por: Gran Hotel Los Abetos, M. Maroñas Correduría de Seguros, Ángel Mar Cetárea, Iconología Logística e Transportes e Grúas Estación.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *