AD

Comarca

Anuncian cortes de tráfico nas obras de humanización de O Milladoiro

today2 julio, 2025

Fondo
share close
AD

Habilitaranse desvíos alternativos durante o asfaltado por rúas adxacentes á N-550 (avenida de Rosalía de Castro) e haberá traslados provisionais de paradas de autobús

As afectacións ao tráfico durarán previsiblemente ata o final das obras

A actuación conta cun orzamento de 4,4 millóns de euros a cargo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Ames, 1 de xullo de 2025.- O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible continúa executando as obras de humanización da avenida de Rosalía de Catro, entre os quilómetros 67,075 e 68,600 da N-550, no Milladoiro. A partir deste mércores, 2 de xullo, haberá diferentes cortes de tráfico. Habilitaranse desvíos alternativos durante o asfaltado por rúas adxacentes á N-550 (avenida de Rosalía de Castro) e haberá traslados provisionais de paradas de autobús. As afectacións ao tráfico durarán previsiblemente ata o final das obras. As obras contan cun orzamento de 4,4 millóns de euros (IVE incluído) financiados cos fondos europeos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

O Concello de Ames, a través do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, informa de que sempre que a meteoroloxía o permita e para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, a partir das 8:30 horas do mércores, 2 de xullo, levaranse a cabo os diferentes cortes de tráfico que irán transcorrendo de xeito progresivo:

-De 8:00 a 21:30 horas os días 2 e 3 de xullo (mércores e xoves), cortarase a marxe esquerda entre a rúa Seidón (km 67,900) e a rúa Figueiras (km 67,700). O tráfico desviarase pola marxe dereita, sen restrición de paso, tanto en sentido Santiago como en sentido Padrón.

-De 8:00 a 17:00 horas do venres 4 de xullo, e de 8:00 a 21:30 horas os días 7 e 8 de xullo (luns e martes), cortarase o tráfico na marxe esquerda entre a rúa Figueiras (km 67,650) e a rúa do Rego (km 67,250). Habilitarase un itinerario alternativo, debidamente sinalizado, pola rúa do Rego. Ademais, dúas paradas de bus trasladaranse temporalmente fóra do tramo en obras.

-De 8:00 a 21:30 os días 9 e 10 de xullo (mércores e xoves), e de 8:00 a 17:00 o venres 11 de xullo, cortarase o tráfico na marxe esquerda entre a glorieta da SC-20 (km 67,070) e a a rúa Cruxa (km 67,650). Para asegurar a fluidez do tráfico, habilitarase un itinerario alternativo, debidamente sinalizado, pola avenida do Muíño Vello, Travesía do Porto e rúa da Madalena. Para os buses urbanos, habilitarase o desvío por rúa Agro do Medio e rúa Cruxa. Ademais, unha parada de bus será trasladada fóra do tramo afectado.

Doutra banda, seguen vixentes as afectacións en todo o tramo da Travesía do Milladoiro, onde se está reducindo de dous a un só carril por sentido de circulación. Continúan por tanto habilitados itinerarios alternativos debidamente sinalizados. Recoméndase, con carácter xeral, que os itinerarios entre a cidade de Santiago e Padrón se realicen evitando a Travesía do Milladoiro, utilizando a autovía AG-56 e a vía de alta capacidade VG-1.7.

Propóñense as seguintes alternativas:

-Para saír de Santiago de Compostela en dirección Padrón, proponse a incorporación á Autovía AG-56 na conexión coa SC-20, e saída no enlace de Pardiñas (km 3), dirección á vía de alta capacidade VG-1.7, cara á travesía dás Galanas.

-Para entrar en Santiago de Compostela desde Pontevedra ou Padrón, proponse a incorporación á vía de alta capacidade VG-1.7, situada no km 69,200 da N-550, dirección Santiago, incorporación á Autovía AG-56 dirección Santiago de Compostela, e saída na conexión coa estrada SC-20.

No caso dos traxectos locais, para acceder ás vivendas ou establecementos do núcleo urbano de Milladoiro, recoméndase utilizar rúas paralelas á Travesía do Milladoiro e evitar así o tramo en obras. Así mesmo, para acceder e saír do parque empresarial Novo Milladoiro recoméndase utilizar os viarios que conectan ao polígono coa VG- 1.7 no enlace de Biduído, e a súa posterior conexión coa AG-56.

As afectacións ao tráfico durarán, previsiblemente, ata o final das obras. Os desvíos foron acordados entre o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e o Concello de Ames. Para calquera consulta relativa ás obras, lémbrase aos cidadáns que teñen a disposición a oficina de obra situada na rúa Costa Grande, número 2, local 2, entre as 9:00 e as 13:00 horas, e entre as 15:00 e as 19:00 horas de luns a venres. O teléfono de contacto é 881 817 218.

Así mesmo, dispoñen do correo electrónico milladoiro@eptisa.com, no que poderán realizar reclamacións, incidencias ou suxestións asociadas coas obras de humanización da travesía do Milladoiro

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *