AD

Comarca

Anxo Arca e Ramón Tojo inauguran o Programa de Emprego Dodro 24-25 para 100 desempregados

today20 enero, 2025

Fondo
share close
AD

• A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financia esta formación cunha subvención de 220.000 euros
• Neste programa participan os concellos de Rois, Padrón, Dodro, Valga, Catoira e Pontecesures

Padrón. 20-1-2025. O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e Rois, Ramón Tojo, asistiron este 17 de xaneiro ao acto de inauguración do Programa Integrado de Emprego (PIE) de Dodro 2024-25, no que participan os municipios de Rois, Padrón, Dodro, Catoira, Pontecesures e Valga para formar a 100 persoas demandantes de emprego destes municipios.

O acto oficial celebrouse no salón de plenos do Concello de Pontecesures, presidido pola súa alcaldesa, Maite Tocino. Ademais de Anxo Arca e Ramón Tojo, ao mesmo asistiron os alcaldes de Dodro, Xavier Castro, e Catoira, Xoan Xosé Castaño, e a técnico de emprego de Valga, María José Devesa.

O obxectivo do PIE é mellorar a empregabilidade das persoas participantes a través de accións de orientación e asesoramento, formación, técnicas de coaching, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, intermediación laboral, prácticas non laborais e obradoiros de mobilidade laboral.

A execución deste programa é posible grazas á subvención de 220.000 € concedida por resolución do 30 de setembro de 2024 da directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ao abeiro do disposto na Orde do 28 de maio de 2024 (DOG nº 112 do 11 de xuño de 2024).

A presentación desta nova edición do Programa Integrado de Emprego tivo moi boa acollida entre as persoas participantes no programa, que encheron o salón de plenos do Concello de Pontecesures.

Os alcaldes e alcaldesa dos concellos participantes destacaron a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar o emprego e o desenvolvemento profesional nestes concellos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *