AD

Comarca

Aparece en bo estado unha veciña de Brión tras activarse un operativo de busca

today19 junio, 2025

Fondo
share close
AD

Os axentes da Garda Civil contaron, ademais, coa colaboración dos membros do GES de Brión e os cans de rescate.

Contra as 19:30 horas da tarde do mércores, o 112 Galicia recibiu a chamada de axuda dun home, que aseguraba ter perdido o rastro da súa nai.

Con domicilio habitual na parroquia de Bastabales, en Brión, a muller saíu presuntamente da casa, posiblemente con rumbo a un monte próximo, como adoita facer de cando vez sen previo aviso aos seus familiares. A muller ten arredor de 80 anos e ten problemas de saúde.

Para intentar localizala, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos axentes da Garda Civil, así como aos membros do GES de Brión, que se incorporaron ao operativo algo máis tarde por estar atendendo un incendio nun vehículo.

Tamén participaron os cans de rescate de Brión e a piques estiveron de botar a voar os drons da Axencia Galega de Emerxencia (AXEGA). Sen embargo, os axentes confirmaron, pasadas as once desta noite, a localización en bo estado de saúde da señora. Con todo, foi solicitada a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para unha revisión médica.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *