AD

Comarca

VIDEO | Arde un coche no corredor Brión-Noia

today28 julio, 2025

Fondo
share close
AD

 

O coche quedou totalmente calcinado e provocou retencións de máis dun quilómetro, pero non houbo feridos.

Os bombeiros do GES Brión actuaron este domingo ás 21:40 horas para extinguir un incendio nun vehículo no corredor Brión-Noia, á altura do quilómetro 20 en dirección a Santiago. A alerta foi recibida a través do CIAE 112-Galicia, e os equipos de extinción lograron controlar as lapas, que xa afectaran a vexetación próxima, evitando que se convertese nun incendio forestal.

Como medida de precaución, mobilizouse unha brigada forestal e voluntarios de Protección Civil de Rois. O vehículo afectado quedou totalmente calcinado, pero non se rexistraron feridos. O incidente provocou importantes atrancos de máis dun quilómetro, afectando o tráfico de retorno das praias e a ponte festiva do 25 de xullo.

A rápida intervención dos servizos de emerxencia foi clave para evitar maiores consecuencias.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *