AD

Actualidad

Arranca a VI edición da Festa do Banquete de Conxo

today22 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

Comezarán ás 21.00 h e participarán os grupos Can de ghaiteiro, Colexiata de Sar, Esfolladores, Muiñeiros do Sarela, Recandea e Sapamamas. Os cantos terán lugar nos bares A da Chara, Caimán, Mallos, Marlo  e a cantina da  comisión, nunha actividade coordinada por Muiñeiros do Sarela.

sábado, ás 11:30h será o tempo dunha actividade que é xa un clásico da Festa do Banquete, como é o paseo literario a cargo de Henrique Alvarellos. Leva por título ‘As voces do Bosque’, terá unha duración de 90 minutos e é preciso inscribirse en rutabanquete@santiagodecompostela.gal. Percorrerá diferentes voces que protagonizaron fitos significativos no Bosque de Conxo desde a Idade Media ata o exilio republicano.

A xornada do sábado continuará con toda a actividade na praza Aurelio Aguire e xa o domingo a xornada recrea, como vén sendo habitual, o que fora aquel histórico Banquete de hai 169 anos.

Comeza co desfile de estudantes e artesás que sae da praza do Toural ata Conxo, ás 11h, e que estará guiado polos Quinquilláns. E mentres o desfile vai chegando, na praza Aurelio Aguirre, poderase ir desfrutando do concerto Let’s folk do grupo Suzukiños (formado por músicos da escola En Clave Método Suzuki).

A continuación, ás 13:45h, terá lugar o Pregón da Festa do Banquete que correrá a cargo de representantes das dúas parroquias convidadas: Xosé Neira, por parte de Aríns; e Manuel Cespón, de Figueiras.

A partir das 15 horas baixarase á zona do banquete para o xantar e romaría popular, con brindes da veciñanza, que continuará co serán de fraternidade, con foliadade música tradicional con Os Fondaos do Pífaro, Devagarinho de Villestro, Asociación de Música e Baile tradicional de Conxo, Grupo de Cantos de Taberna Contedores de Recandea e Muiñeiros do Sarela. E ás 18:30h despedirase a romaría con convite á seguinte edición cun pregón de peche a cargo da escritora, e actualmente veciña de Aríns, Teresa Moure.

Actividades na praza de Aurelio Aguirre

A praza de Aurelio Aguirre será o outro centro neurálxico da Festa do Banquete de Conxo, con numerosas actividades paralelas que se desenvolverán tanto no sábado 24 como no domingo 25, impulsadas desde os departamentos de Comercio, Xuventude e Centros Socioculturais. Unha delas, que xa se celebrou en anos anteriores, é o Mercado do Libro, que este ano contará con 11 expositores e con numerosas actividades paralelas, con máis dunha ducia de presentacións ou sinaturas de libros. Pola praza de Aurelio Aguirre pasarán, entre outros, Juan Baquero para asinar o seu libro Lola Feroz; Isabel Portela que presentará a súa obra Ante dos Mundos; ou Hércules Edicións presentando títulos que son moi coñecidos por todos os nenos e nenas, como “Mortiña” ou “Bufiño e Brunilda”. Ademais, volverá tamén a mostra de artesanía, desta vez coa participación dunha ceramista, un ferreiro e un artesán de instrumentos tradicionais, que non só exhibirán os seus produtos senón que tamén estarán traballando ao vivo.

Público infantil e xuvenil

A programación do Banquete de Conxo tamén inclúe moitas propostas para o público infantil. Así, ao longo do sábado pasarán pola praza de Aurelio Aguirre Títeres Babaluva, coa sua Feira das Sementes e Charlatán Rodríguez; e no domingo están previstas as actuacións do Mago Teto e de Peter Punk, ademais das actividades que se trasladarán á zona da carballeira, como unha mostra de xogos tradicionais ou un espectáculo dos Catropés.

En canto á mocidade, para ela están especialmente dirixidas dúas propostas: a sesión vermú do sábado cun cartel que nace do Centro Xove da Almáciga e do que fan parte Patrick e Ginko Bilova; e a Festa da poesía, na noite do sábado. O evento estará conducido por Claudia Pino, e contará coa participación de Clara do Roxo, Francesca da Silva e Iris Abril; e coa música de Miguel Bouzó, Leticia Rey e Xeva.

No apartado musical, a programación inclúe a actividade denominada “Canto Fraterno”, na que participarán pandereteiras de Marrozos e de Sar; e o concerto de Coros na escalinata do Psiquiátrico, coa participación do Coro de Habaneras Rocha Forte, Coro Coto da Nai de Aríns, Coro Crecente, Coro Amigos do Castiñeiriño, Coral da Pontepedriña, ou o Orfeón Tradicional da Colexiata de Sar.

Tren do Banquete de Conxo 

Un ano máis contarase co Tren do Banquete de Conxo; un percorrido especial gratuíto do tren turístico, decorado para a ocasión. Haberá traslados de balde entre a Alameda, no centro da cidade, e o barrio de Conxo. (Prioridade para familias con nenas/os, persoas con mobilidade reducida e persoas vestidas de época).

Reforzo na liña 5 do transporte urbano

Con motivo da celebración da festividade do Banquete de Conxo, a liña 5 reforzará os seus servizos durante a fin de semana:

*O sábado 24 e o domingo 25 de maio, a liña 5 contará con horarios de luns a venres laborables en todos os seus servizos.

Vite – Rocha: de 6:40 a 22:40 (cada 20′)

Rocha – Vite: de 7:00 a 23:00 (cada 20′)

A estes horarios de día laborable, engadiranse o sábado 24 dúas prolongacións que se realizan os sábados pero non os laborables:

-A saída ás 21:20 de Vite prolongarase tamén ao hospital Provincial.

-A saída ás 22:40 da Rocha prolongarase a Vite de Arriba.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *