Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Ames, 23 de setembro de 2025.- O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción da Saúde, dá conta dunha das actividades que se van a impartir durante os vindeiros tres meses. Tratase dun programa gratuíto de cesación de tabaco en grupo, para todas aquelas persoas que desexen deixar de fumar. Este programa propón unha abordaxe multidisciplinar do tabaquismo e será realizado por unha psicóloga con formación específica en tabaquismo en colaboración con outros profesionais. Para participar nesta actividade ou para solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo uneames@gmail.com ou chamar ao número de teléfono 617 485 662. Este programa está dirixido a persoas empadroadas no concello de Ames.
En abril de 2024 o Concello de Ames presentou o Plan Municipal para a Promoción da Saúde Mental, un plan global para previr, promover e atender á saúde mental da veciñanza amesá, especialmente entre nenos, adolescentes e persoas maiores. Trátase do primeiro plan de promoción de benestar emocional do Concello, que busca dar unha resposta estruturada ás necesidades reais que se detecten entre a poboación do municipio.
O plan de saúde mental inclúe diversas actuacións orientadas a diferentes colectivos, entre as que se atopa o programa de cesación de tabaco en grupo que vai comezar o vindeiro mércores 1 de outubro. Trátase dunha actividade gratuíta que se vai a realizar durante os vindeiros meses de outubro, novembro e decembro. Este programa está dirixido a persoas empadroadas no concello de Ames.
A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, explica que “este é a segunda edición deste programa que está incluído no plan municipal de benestar emocional e saúde mental. O pasado ano xa se realizou este mesmo programa co obxectivo de axudar a aquelas persoas que queren deixar de fumar para mellorar a súa propia saúde e a das persoas que están ao seu arredor”.
Este programa propón unha abordaxe multidisciplinar do tabaquismo e será realizado por unha psicóloga con formación específica en tabaquismo en colaboración con outros profesionais. Para elo emprégase un programa multicompoñente que ten a maior evidencia científica demostrada para deixar de fumar. Dito programa ofrecerase os mércores, ás 18.30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Impartiranse seis sesións presenciais e posteriormente haberá varias sesións de seguimento por teléfono.
Para participar nesta actividade ou para solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo uneames@gmail.com ou chamar ao número de teléfono 617 485 662.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)