AD

Arte y Cultura

Arzúa convértese en epicentro da música tradicional co XX Festival Internacional Zona da Zanfona

today13 noviembre, 2024

Background
share close
AD
  • Arranca un novo ciclo para o Festival no Concello de Arzúa como nova sede.

  • 20º aniversario do festival que se celebra desde 2005 ininterrompidamente.

  • Unha xornada coa zanfona de protagonista da man de artistas internacionais como Valentin Clastrier (Francia) e Tobie Miller (Canadá) e outro nomes referenciais galegos como Xosé Luís Rivas “Mini” e Carlos Beceiro.

  • Cursos, concertos e outras actividades de divulgación

Arzúa, 15-17 de novembro de 2024 – Esta fin de semana, Arzúa acollerá a vixésima edición do Festival Internacional Zona da Zanfona (ZdZ), un evento de referencia que, ao longo dos anos, contribuíu á preservación e difusión deste instrumento cunha programación diversificada que ofrece actividades para o público xeral e tamén para profesionais da música. O Concello de Arzúa reafirma como sede de este evento o seu compromiso coa divulgación do patrimonio material e inmaterial da Galiza.

A concelleira de Patrimonio, Lucía López, destacou a relevancia de converter Arzúa na nova sede deste importante festival. Segundo as súas palabras, “Arzúa celebra a ritmo da zanfona o seu patrimonio, coa chegada do ZdZ, un festival que pon en valor a importancia de recuperarmos e manter viva a nosa tradición. Grazas a este legado, hoxe podemos converter ao concello no epicentro dunha cita musical que xera unha gran expectativa internacional ”

López tamén expresou o seu agradecemento á Deputación da Coruña polo seu apoio e patrocinio, engadindo: «Sen a colaboración da Deputación, non sería posible acoller un evento desta magnitude. Grazas á colaboración institucional, Arzúa pode ofrecer unha ampla programación de concertos, cursos de formación e actividades divulgativas, todas de balde, excepto as sesións especializadas. Estas accións permitirán que a veciñanza, visitantes e amantes da música tradicional poidan gozar dunha experiencia musical enriquecedora e comprometida coa historia.”

A organización corre ao cargo de aCentral Folque, que suma xa vinte anos de experiencia na difusión da zanfona e doutras músicas tradicionais, garantindo un programa de alta calidade e relevancia cultural. Esta edición reúne grandes figuras da zanfona a nivel internacional, como Valentin Clastrier e Tobie Miller, e a artistas locais de renome, como Xosé Luís Rivas “Mini” e Carlos Beceiro.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%