AD

Actualidad

Arzúa está a traballar na ampliación da instalación de fibra óptica

today10 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

“Actuarase nas parroquias de Dodro, O Couto de Oíns, Santo Estevo do Campo, San Martiño de Calvos e Viñós. Nesta primeira fase, Rede Aberta non vai poder chegar a todos os lugares destas parroquias, pero dende o concello intentaremos, con orzamento propio, continuar ampliando” salientou Daniel Moscoso concelleiro de facenda e contratación.

«Programaremos xuntanzas informativas da man de Rede Aberta para que a veciñanza das parroquias que entren nesta primeira fase teñan toda a información e poidan esclarecer as súas dúbidas sobre este asunto” explicou Carmen Torreiro, concelleira de atención ás parroquias.

Arzúa, domingo 10 de marzoOs concelleiros Daniel Moscoso e Mari Carmen Torreiro, mantiveron unha reunión de traballo cun responsable de Rede Aberta, empresa adicada ao despregamento de redes de fibra óptica neutra (a empregada por distintos operadores) con respecto á extensión de fibra polas zonas do Concello de Arzúa que aínda non teñen este servizo.

Os concelleiros responsabeis analizaron a información con Rede Aberta, onde se amosou un adianto das zonas do concello por onde se vai ampliar a fibra. «Somos conscientes de que non se vai cubrir a totalidade do Concello, pero en seguintes fases continuarase estendendo a fibra ata alcanzar todos os lugares.»

“Actuarase nas parroquias de Dodro, O Couto de Oíns, Santo Estevo do Campo, San Martiño de Calvos e Viñós. Nesta 1ª fase, Rede Aberta non vai poder chegar a todos os lugares destas parroquias, pero dende o concello intentaremos, con orzamento propio, continuar ampliando” salientou Daniel Moscoso concelleiro de facenda e contratación.

“Programaremos xuntanzas informativas da man de Rede Aberta para que a veciñanza das parroquias que entren nesta primeira fase teña toda a información e poidan esclarecer as súas dúbidas sobre este asunto” explicou Carmen Torreiro, concelleira de atención ás parroquias.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%