AD

Comarca

Arzúa pon en valor o entorno do campo da feira do polbo

today14 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD

O Concello de Arzúa, a través da súa Concellería de Turismo, pon en marcha un proxecto de mellora paisaxística e promoción do Camiño Francés no entorno do Campo da Feira do Polbo, grazas ao convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, do cal a concelleira de Turismo, Comercio e Promoción Económica, Begoña Balado é a súa vicepresidenta.

O obxectivo deste proxecto é resolver as deficiencias actuais deste espazo emblemático, que combina a área arborada e unha zona formigonada utilizada para o aparcamento e para as tradicionais feiras , celebradas os días 8 e 22 de cada mes. As actuacións previstas inclúen a reposición e acondicionamento das zonas de arborado, a mellora dos alcorques e dos pavimentos de granito, ou o acondicionamento de toda a madeira ;  pero a novidade principal é  a renovación e conservación da marquesiña, que terá agora un sistema de protección lateral con vidros e vinilos alusivos ao Concello de Arzúa, reforzando o valor patrimonial e turístico do lugar.

Entre as melloras específicas destacan a reposición das varandas de aceiro que, anteriormente situadas na marquesiña, se colocarán na explanada cara á rúa Valle Inclán para aumentar a seguridade no desnivel. Tamén se renovarán as bandas de granito e a capa de biomasa nos alcorques para protexer o arborado, así como a reparación das áreas formigonadas e a colocación de bancos de granito.

Balado destaca que “esta intervención representa un compromiso co coidado do noso espazo público, buscando preservar e mellorar un lugar tan significativo como é o Campo da Feira do Polbo. Con estas obras, queremos non só mellorar as infraestruturas existentes, senón tamén fortalecer a experiencia dos visitantes e a comodidade da veciñanza, que cada mes acude a este espazo para participar nas nosas feiras tradicionais..”A concellería que eu dirixo segue a postar pola revitalización dos espazos de encontro, respectando o seu valor histórico e paisaxístico.”

As obras teran un prazo de execución de un mes. Esta actuación representa un paso importante na valorización deste espazo de Arzúa, integrando elementos culturais e paisaxísticos de interese para visitantes e veciñanza, consolidando o seu papel fundamental no desenvolvemento turístico do Camiño Francés.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *