Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O domingo 22 de decembro, Arzúa converterase no epicentro do espírito festivo coa celebración da I Papanoelada Cicloturista, unha iniciativa promovida pola Concellería de Turismo que convida a pequenos, maiores e familias enteiras a desfrutar dunha mañá de deporte, diversión e maxia.
A actividade contará con dúas rutas para adaptarse a todos os públicos:
Ruta 1: Un percorrido de 17 km pola contorna de Arzúa, ideal para os amantes do ciclismo con ritmo. A saída será ás 09:00 h desde a Praza de Galicia.
Ruta 2: Deseñada especialmente para nenos e familias, cunha distancia de 4 km para gozar sen présas. A saída será ás 11:00 h no mesmo lugar.
Os participantes están convidados a disfrazarse de Papá Noel ou engadir algún detalle navideño, co obxectivo de encher as rúas de cor e alegría. Para aqueles que non dispoñan de bicicleta, haberá un servizo de préstamo para que ninguén quede sen participar.
Ao remate das rutas, agárdalles unha deliciosa chocolatada con biscoito para repoñer forzas e continuar coa celebración.
As inscricións son gratuítas e poderán realizarse ata o xoves, 19 de decembro, enviando un correo a nadalarzua@gmail.com ou cubrindo o formulario dispoñible en este enlace.
Begoña Balado, concelleira de Turismo, Comercio e Promoción Económica, anima a toda a veciñanza e visitantes a unirse a esta actividade: «Que mellor maneira de vivir o Nadal que pedaleando pola nosa vila, gozando da contorna e compartindo risas con amigos e familiares? Será unha mañá inesquecible para todos, desde os máis pequenos ata os maiores».
Este Nadal, en Arzúa, todo vai sobre rodas. Non deixes que cho conten!
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)