AD

Actualidad

As Cancelas inicia o ano estreando nova programación de actividades no ‘Show de Celi’

today12 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • Todas as fins de semana de xaneiro, os pequenos visitantes do centro comercial poderán gozar de espectáculos de maxia, contacontos, música e moitas máis sorpresas

As Cancelas inicia o novo ano renovando a súa divertida oferta de lecer para toda a familia, un referente xa en Santiago de Compostela e a súa área de influencia. O centro comercial compostelán estrea programación de actividades e espectáculos para este mes de xaneiro, na que os seus visitantes poderán gozar de espectáculos de maxia, contacontos e moitas outras sorpresas.

Como xa é habitual, as actividades levaranse a cabo todos os venres e sábados do mes, a partir das 19:00 horas, no Show de Celi, o espazo infantil do centro comercial, situada na segunda planta do complexo.

As actividades son de carácter gratuíto.

Programación de actividades de xaneiro:

Venres 12 de xaneiro

– Espectáculo de maxia ‘Do maxín á realidade’.

Sábado 13 de xaneiro
– Disco móbil e cantabaila.

Venres 19 de xaneiro
– O pallaso Popín.

Sábado 20 de xaneiro
– Contacontos ‘Pepiña Maruxiña quere voar’.

Venres 26 de xaneiro
– Espectáculo de maxia ‘Laberinto de Ilusiones’.

Sábado 27 de xaneiro
– Espectáculo de marionetas ‘Blancanieves’.

Sobre As Cancelas

Con 50.000 m2 e 2.300 prazas de aparcamento gratuítas, As Cancelas é o centro comercial líder na área de Santiago de Compostela.

Copropiedade de Carmila e Realia e xestionado por Carrefour Property, a oferta do centro distribúese en tres andares nos que destacan as 8 salas de cine de CINESA, un Hipermercado Carrefour, 15 locais de restauración e unha completa variedade de tendas de moda que agrupan os seus descontos e promocións a través da tarxeta de fidelidade do centro.

As Cancelas é un espazo pensado para a comodidade do visitante, cunha oferta de ocio e cines que se mantén aberta de luns a domingo os 365 días do ano e que conta cun aparcamento gratuíto tamén para bicicletas e motos, zona WIFI, armarios e sala de lactantes. Sempre pensando nas familias, As Cancelas conta co Club de Celi, un club que aglutina todas as actividades infantís do centro, sempre gratuítas, e que conta xa con máis de 20.000 socios.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%