Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 febrero, 2024
Xantares con Celi é un dos proxectos postos en marcha polo centro comercial en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia para promocionar o uso de galego entre os máis novos
O acto de presentación contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e do xerente do centro comercial As Cancelas, Javier Nicolás Blanco.
O centro comercial As Cancelas presentou Xantares con Celi, unha iniciativa coa que se promoverá o uso do galego entre os máis pequenos. No acto de presentación, que tivo lugar o pasado venres 2 de febreiro no centro comercial compostelán, estivo presente Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e Javier Nicolás Blanco, xerente de As Cancelas.
Durante a súa intervención, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, felicitou ao centro comercial por esta iniciativa cultural de promoción da lingua e subliñou “a importancia da colaboración entre institucións públicas e privadas no ámbito da cultura e, en especial, no fomento do uso do galego entre os máis pequenos”.
Pola súa banda, Javier Nicolás Blanco, xerente do centro comercial As Cancelas, puxo en valor o “compromiso de As Cancelas coa Xunta de Galicia para a promoción da cultura e do galego con accións coma Xantares con Celi”. “Estamos encantados de que os nosos pequenos visitantes se divirtan e aprendan a partes iguais durante o seu paso polo centro comercial”, concluíu.
Xantares con Celi poñerase en marcha a través dos locais de restauración do centro comercial en forma de mantel de papel con actividades didácticas para nenos e nenas, todas elas en galego. Todo o que queira, poderá solicitalo nestes establecementos durante a súa visita ao centro comercial de maneira completamente gratuíta.
O centro comercial As Cancelas realiza todas as súas actividades enfocadas ao público infantil a través do Club de Celi, o club infantil ligado a un centro comercial máis numeroso de Galicia, con máis de 20.000 socios.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)