Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A Asociación Garrilanas Esteiro anunciou a cancelación do Gran Prix de Carrilanas e do Festival das Carrilanas 2025 por falta de respaldo do Concello de Muros. Nun comunicado oficial, lamentan que, tras 16 anos organizando o evento, non conten coas garantías administrativas, legais e económicas necesarias para a súa continuidade.
O festival, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional en 2021, aspiraba a obter o selo de Interese Turístico Internacional, consolidándose como un referente cultural e económico para a comarca. Ademais, a asociación denunciou que, malia presentar propostas e buscar solucións, non obtiveron resposta do Concello.
O impacto do evento na economía local era significativo, con estimacións de asistencia de ata 30.000 persoas por día, xerando ingresos en establecementos de hostalería e aloxamento. A directiva, que asegura estar «cansa» da falta de apoio, continuará atendendo os compromisos pendentes, mais pon en dúbida o futuro do festival.
A cancelación supón un duro golpe para a vila de Esteiro, que cada ano vivía unha fin de semana de entusiasmo e tradición ao redor das carrilanas.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)