Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today18 febrero, 2024
Padrón. 18-2-2024.- Padroneses en veciñanza da contorna encheron onte as rúas de Padrón para ver un desfile de Entroido no que máis 700 persoas amosaron a súa imaxinación e ganas de pasalo ben, con coloridos disfraces e música para todos os gustos. Os seis membros do xurado non o tiveron fácil para decidir os gañadores nas diferentes categorías.
Cor café. Viaje a ciudad Esmeralda, de Pontevedra, foi a comparsa gañadora na categoría de máis de 20 membros, seguida de As catrinas de Baroña e Un barrio de Colombia, de Poio, que quedou no terceiro posto.
Na categoría de comparsa ata 20 membros, Botou o mar fora foi o grupo que gañou o primeiro posto, seguida do particular tributo a Las más grandes (Lola Flores, Rocío Jurado, Marujita Díaz e María Jiménez), que non deixaron de cantar en todo o percorrido. O terceiro posto nesta categoría foi para Excursión a Benidorm, un xeito moi especial de entender a coñecida ‘operación biquini’.
A voda na Carballeira, unha celebración por todo o alto e na que non faltou de nada, nin o arcebispo nin unha boa tarta, permitiulle a Asociación A Carballeira gañar o primeiro premio na categoría de comparsas locais de máis de dez membros, na que tamén competiron un nutrido grupo de aprendices de bruxas baixo o nome de Habelas Hainas, que levou o segundo premio.
Nas categorías individual e parella, os participantes amosaron unhas grandes doses de imaxinación e meticulosidade para presentar uns disfraces e caracterizacións moi chamativos. Na categoría invidual infantil as gañadoras foron Contigo aprendín, Costureira do S. XV e A raíña do espazo. Na de adultos, O embaixador das 4R, O monte en festa e Reina Fantasía levaron, por esta orde, os tres primeiros premios.
No relativo ás parellas, o xurado deulle a máxima puntuación a Os Espantallos, Tíos vivos máxicos e Cisne blanco Cisne Negro.
Rematado o desfile e a entrega de premios, na que o Concello de Padrón repartiu máis de 5.400 euros entre os gañadores, o Entroido continuou na vila coa Festa de Piñata, cos concertos de Somoza Trío, DJ Rokiño e DJ Casanova.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)