AD

Actualidad

As Feiras de Abril regresan a Val do Dubra con tres días cheos de tradición, cultura e festa

today19 marzo, 2026

Fondo
share close
AD

Val do Dubra prepárase para vivir unha nova edición das esperadas Feiras de Abril, que terán lugar os días 4, 5 e 6 de abril no aparcadoiro de San Lourenzo de Bembibre. Trátase dunha das citas máis emblemáticas do calendario local, que cada ano reúne a veciñanza e visitantes arredor da cultura, o rural e o lecer para todas as idades.

Durante tres xornadas, o espazo acollerá un completo programa de actividades que inclúe mercado de artesanía, exposición de maquinaria agrícola e gando, xogos tradicionais, degustacións de produtos locais e música en directo, convertendo o evento nun punto de encontro interxeracional.

Ademais, as feiras apostan pola divulgación e a participación con numerosos obradoiros e actividades destacadas. Entre elas, un obradoiro de estampaxe de panos tradicionais, unha charla sobre horta sostible a cargo de Nuska Chousa, demostracións de cestería tradicional e de inoculación de shiitake en tronco, así como un faladoiro de apicultura e un obradoiro de extinción de incendios dirixido á rapazada.

O toque de humor chegará da man do coñecido monologuista Isi, que ofrecerá unha actuación para garantir as risas do público asistente.

Como broche final, o luns celebrarase o tradicional mercado mensual xunto coa popular Festa da Empanada, un dos momentos máis agardados polos asistentes.

As Feiras de Abril consolídanse así como unha cita imprescindible para poñer en valor a cultura local e o mundo rural, ofrecendo un plan completo para aprender, divertirse e gozar do patrimonio galego.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *