AD

feiras do abril

7 Resultados / Página 1 de 1

Fondo
AD

Actualidad

Val do Dubra pecha tres días de Feiras de Abril cun gran éxito de participación

Val do Dubra pechou este luns 6 tres días de celebración das Feiras de Abril cun balance moi positivo, marcado pola elevada asistencia de público e polo bo tempo, que acompañou durante todas as xornadas. A programación concluíu co mercado mensual e coa tradicional Festa da Empanada, que reuniu a numerosos visitantes. A cita contou tamén cunha polbeira que ofreceu degustación de vaca cachena; houbo tamén actuación musical do Dúo Matices, encargados de poñer o broche final ao evento. Ao […]

today6 abril, 2026

Comarca

Abalde: «As Feiras de Abril son un lugar de encontro e de dinamización económica e social»

“As Feiras de Abril son un exemplo do dinamismo do rural galego e da importancia de preservar e promover as nosas tradicións como motor de desenvolvemento local”, declarou o subdelegado, Julio Abalde. O evento reúne artesanía, gando, gastronomía e actividades culturais nun ambiente familiar. A cita consolídase como un referente no calendario local e comarcal. Val do Dubra, 4 de abril de 2026.- O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, participou esta mañá na inauguración dunha nova edición das […]

today4 abril, 2026

Comarca

Val do Dubra inaugura as Feiras do Abril con actividades ata o luns

O evento segue esta tarde e nas xornadas de mañá domingo e o luns con artesanía, gando, obradoiros, humor, música e gastronomía Val do Dubra, 4 de abril de 2026.– Val do Dubra vén de dar comezo a unha nova edición das Feiras do Abril coa inauguración oficial celebrada esta mañá no espazo público de San Lourenzo de Bembibre. Ás 12:00 celebrouse o acto oficial de inauguración co alcalde Diego Luis Díaz, acompañado do subdelegado do Goberno Julio Abade, do […]

today4 abril, 2026

Comarca

Chegan as Feiras do Abril a Val do Dubra: “Non hai que agochar o rural, hai que presumir del”

O evento, que se celebra do 4 ao 6 de abril, combina tradición, innovación e participación veciñal nun programa pensado para todos os públicos Coa chegada da primavera, o Concello de Val do Dubra prepárase para vivir unha das súas citas máis emblemáticas: as Feiras de Abril. A edición de 2026 preséntase como unha proposta consolidada que mestura tradición, cultura e dinamización do rural, cun programa diverso que busca atraer tanto á veciñanza como a visitantes da contorna. O alcalde, […]

today1 abril, 2026

Actualidad

As Feiras de Abril regresan a Val do Dubra con tres días cheos de tradición, cultura e festa

Val do Dubra prepárase para vivir unha nova edición das esperadas Feiras de Abril, que terán lugar os días 4, 5 e 6 de abril no aparcadoiro de San Lourenzo de Bembibre. Trátase dunha das citas máis emblemáticas do calendario local, que cada ano reúne a veciñanza e visitantes arredor da cultura, o rural e o lecer para todas as idades. Durante tres xornadas, o espazo acollerá un completo programa de actividades que inclúe mercado de artesanía, exposición de maquinaria […]

today19 marzo, 2026

Comarca

Tradición e produto local nas Feiras do Abril de Val do Dubra

O desfile de xoiería e cestería artesanal, punto culminante dunha fin de semana chea de actividades para todos os públicos. Val do Dubra, 5 de abril de 2025. O Concello de Val do Dubra inaugurou esta mañá á nova edición das Feiras do Abril, unha celebración que mestura tradición, artesanía e gastronomía nunha cita xa imprescindible no calendario cultural da comarca. Desde primeira hora, veciñanza e visitantes achegáronse ao aparcadoiro de San Lourenzo de Bembibre, onde tivo lugar o mercado […]

today5 abril, 2025

Comarca

Chegan as Feiras do Abril a Val do Dubra onde artesanía e gastronomía van da man

A programación desta nova edición esténdese do 5 ao 7 de abril con variedade de actividades para todos os públicos O Concello de Val do Dubra acollerá os días 5, 6 e 7 de abril as tradicionais Feiras do Abril, unha cita imprescindible no calendario local que mestura cultura, tradición e ocio para todos os públicos. O evento desenvolverase no aparcadoiro de San Lourenzo de Bembibre e contará cunha completa programación que inclúe mercado de artesanía, exhibicións de gando, degustacións […]

today25 marzo, 2025

AD