AD

Actualidad

As patinadoras de Brión debutan cun oitavo posto no Campionato de España Grupos Show Pequenos

today26 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

As patinadoras do Club de Patinaxe Artística Brión, que saíron segundas a pista para defender a súa coreografía «Birka» e despois dunha boa actuación, obtiveron unha puntuación que as posicionou en primeiro lugar, posición que manterían durante a primeira metade dos grupos participantes. A xornada remataría cos grandes favoritos, os actuais campións e subcampións de Europa e do mundo.

Tanto o equipo técnico, Natis e Andrea, como as 13 patinadoras, están moi orgullosas do traballo realizado e felices por conseguir posicionar a Galicia no top dez da patinaxe en España.

Agora toca seguir traballando para pulir detalles para as seguintes citas: o Campionato de España de Grupos Show Júnior e Cuartetos Júnior e a Copa de España, que terán lugar en Alcoi os días 5 e 6 de abril.

Acudirán con moitas ganas e ilusión e, sobre todo, para disfrutar de novo da experiencia dun campionato estatal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%