Raxoi confirma que non houbo novas incidencias nas obras da nova EDAR da Silvouta
Ante as informacións xornalísticas sobre a situación do Sistema de Saneamento (SAR), o Concello de Santiago informou que, segundo a comunicación recibida por parte de Acuaes e da dirección da obra, non se rexistraron novas incidencias nas obras da depuradora. Ademais, Augas de Galicia trasladou ao Concello que tampouco lles consta que se producira ningún incidente recente. Desde o Goberno local subliñan que o Concello mantén un contacto permanente coa entidade encargada de executar os traballos de construción da nova […]