AD

alvaro

4395 Resultados / Página 137 de 489

Fondo
AD

Comarca

Rianxo duplica o investimento en Becas para chegar a máis familias do municipio

  Na convocatoria correspondente ao curso 2024/2025 o Concello de Rianxo concedeu axudas para a adquisición de material escolar e dispositivos electrónicos por un importe total de 10.507€, unha cifra 4.000€ superior á da convocatoria anterior e máis do dobre do investimento efectuado no curso 2022/2023. O aumento do investimento nas becas municipais para a adquisición de material escolar e dispositivos electrónicos tradúcese na capacidade de chegar cada ano a máis familias. Así as cousas, na convocatoria correspondente ao curso […]

today15 enero, 2025

Actualidad

Santiago contará con 29 novas licenzas de taxi

O Goberno de Santiago trasladou hoxe a súa satisfacción tras coñecerse que a Xunta vén de informar favorablemente a petición do Concello de crear 29 licenzas de taxi en Compostela, que se sumarán ás 144 existentes. O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, lembrou que “esta foi a primeira solicitude, avalada por un informe riguroso, de incremento de licenzas desde 1998, malia ter menos taxis operativos que hai dez anos para atender a unha poboación e unha […]

today14 enero, 2025 2

Actualidad

Ames avanza no desenvolvemento do polígono empresarial de Bertamiráns

O alcalde, Blas García, e o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, veñen de reunirse coa directora xeral de Industria, Margarita Ardao, para establecer a folla de ruta do proceso Ames, 14 de xaneiro de 2025.- O Concello de Ames vén de manter unha reunión en San Caetano coa Dirección Xeral de Industria con motivo de establecer a folla de ruta a seguir para o desenvolvemento do polígono empresarial de Bertamiráns. Nesta xuntanza o Concello comprometeuse a iniciar os trámites para […]

today14 enero, 2025

Actualidad

VIDEO | O goberno de Santiago pecha un acordo de orzamentos para 2025

O goberno de Santiago destaca a importancia de chegar a un acordo polo interese xeral da veciñanza. Un orzamento “enfocado ás necesidades reais de Compostela, ambiocioso mais equilibrado e na liña de modernizar a administración, de facela máis eficaz e de prestar servizos de calidade”. Así, o executivo local explica que se trata dun orzamento que se achega aos 146 millóns de euros. Os gastos correntes ascenden a uns 133 millóns e os investimentos reais sitúanse nos 13 millóns. Complementariamente […]

today14 enero, 2025

Actualidad

Os alcaldes nacionalistas de Arzúa, Santiso e Melide rexeitan o proxecto de ALTRI

Os tres rexedores reiteran a súa firme oposición a este proxecto, que comprometería o futuro dos seus concellos cun proxecto industrial que cualificaron de “depredador e insustentable”. Solicitan unha reunión de urxencia ao Presidente da Xunta de Galiza, facéndose eco do “clamor social” contra Altri Arzúa, 14 de xaneiro de 2025.- Os alcaldes dos concellos de Arzúa, Santiso e Melide, Xoán Xesús Carril (BNG), Manolo Adán (BNG) e Xosé Manuel Pérez (Adiante Melide), respectivamente, asinaron hoxe unha carta conxunta dirixida […]

today14 enero, 2025

Actualidad

A productora CTV cumpre 40 anos: De Supemartes a Land Rober pasando por Pratos Combinados

Supermartes, Land Rober, Pratos Combinados, Libro de Familia ou O sabor das margaridas, a televisión que conquistou e conquista a espectadores dentro e fóra das nosas fronteiras A produtora dispón de máis de 12.000 metros cadrados nas súas instalacións de Teo (Santiago de Compostela) onde traballan máis de 80 profesionais A produtora CTV cumpre 40 anos encadeando éxitos de audiencia no prime time da TVG e exportando o galego, grazas as súas series dispoñibles en plataformas internacionais como Max ou […]

today14 enero, 2025

Actualidad

Aberto o prazo de inscrición para a Padrón 10K con prezos reducidos ata o 31 de xaneiro

  Poderase formalizar a participación ata as 23:59 horas do mércores do mércores 12 de febreiro Haberá percorridos homologados de 5K e 10K para todas as idades e niveis, incluíndo a participación gratuíta para escolares A carreira, que terá lugar o 15 de febreiro, inclúe premios en metálico, agasallos e recoñecementos especiais Padrón. 14-1-2025.- Hoxe martes 14 de xaneiro comeza o prazo de inscrición para a XXII edición da Padrón 10K que se celebrará o sábado 15 de febreiro. A […]

today14 enero, 2025

Actualidad

«O galego só se mantén vivo se toda a sociedade e os medios o usan e o promoven»

  O secretario xeral da Lingua, Valentín García, realizou unha profunda reflexión sobre o futuro do galego durante unha entrevista en Radio Líder Santiago, onde abordou xunto a Álvaro Veiga diversos aspectos que afectan a situación da lingua galega na actualidade. A súa intervención subliñou tanto os logros acadados na normalización lingüística como os retos que persisten, especialmente nos campos demográfico, cultural e tecnolóxico. Un dos puntos clave do discurso de García foi a constatación de que, a pesar de […]

today14 enero, 2025

Actualidad

Fran Cañotas ten claro cal é o prato que mellor define Galicia: «Une costa e interior»

  Fran 'Cañotas' Rego González, xornalista, actor e presentador do programa culinario máis visto da TVG, participou nunha entrevista en Radio Líder Santiago na que falou da súa traxectoria profesional, do éxito do seu proxecto gastronómico e da importancia de manter vivas as tradicións galegas. Na conversa con Álvaro Veiga destacou o impacto cultural e mediático dun programa que xa se consolidou como un dos grandes referentes da televisión autonómica. O presentador, coñecido polo seu carisma e proximidade, reflexionou sobre […]

today14 enero, 2025

AD