Alertan dun vertedoiro incontrolado en Arzúa
O Concello de Arzúa vén de detectar un vertedoiro incontrolado na zona de San Martiño, unha práctica que cualifican de “inadmisíbel” ao supoñer un atentado contra o medio ambiente, deteriorar a imaxe do municipio e poñer en risco a saúde pública. Desde o consistorio lembran que a veciñanza dispón de servizos municipais gratuítos para a correcta xestión dos residuos. Entre eles, o punto limpo situado no polígono industrial de Arzúa e o servizo de recollida de voluminosos, dispoñíbel baixo aviso […]