Miles de persoas únense en Padrón nun ráfting polo Ulla contra Altri e a mina de Touro
A actividade supón un paso máis na enorme mobilización do pobo galego contra Altri, que continuará cunha concentración o 8 de maio fronte ao Congreso dos Deputados e unha gran manifestación o 1 de xuño en Pontevedra O descenso do río discorreu polo Sistema fluvial Ulla-Deza, unha Zona de Especial Conservación da Rede Natura 2000 cuxos valores naturais perigan polos proxectos industriais da Xunta de Galicia O pasado 23 de abril coñecíase que o Goberno central deixaba fóra a Altri […]