Goretti Sanmartín convida ao alcalde de Nova York a visitar Santiago
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou que enviará unha carta ao alcalde de Nova York, Zohran Mamdani, convidándoo a visitar a capital galega. A rexedora explicou que este convite nace da vontade de compartir experiencias entre gobernos “que traballan polas maiorías sociais e por un mundo máis xusto e igualitario”. Sanmartín subliñou que quen defende políticas transformadoras “enfróntase a poderes que tentan boicotear, insultar e afogar” os seus proxectos, polo que considera “importante establecer pontes de […]