Sanmartín presentará a EDIL este 2025 para revitalizar o norte do concello
O goberno que preside Goretti Sanmartín fixou hoxe os retos para este ano cun primeiro obxectivo inmediato como é a aprobación dun novo orzamento. Asemade, no obxectivo global dunha Compostela mellor para vivir, a rexedora estableceu prioridades en vivenda, en impulsar máis equipamentos sociais e deportivos e mellores servizos e espazos públicos. Goretti Sanmartín anunciou que o Concello formulará un proxecto para a nova convocatoria dos fondos FEDER para plans de actuación integrados das entidades locais no marco do desenvolvemento […]