Maneiro presenta “Anxos no Inferno”: un single que transforma a dor en agradecemento
O artista galego Maneiro lanza o seu novo traballo, “Anxos no Inferno”, un potente single que pecha o ciclo iniciado co álbum “Un bonito despertar”. Producido por Fran Gude e coas colaboracións de músicos como Rubén Cores, Manu Rey, Pachi Cruz, Iria Iglesias, Fernando Calvo e Sonia Lebedynski, a canción mestura a contundencia do rock coa melodía do pop, consolidando á banda como un referente no panorama musical galego. A composición, creada polo propio Maneiro, está inspirada na súa experiencia […]