AD

alvaro

2463 Resultados / Página 259 de 274

Fondo
AD

Actualidad

Detectados 11 novos focos de enfermidade hemorráxica nas catro provincias galegas

A Xunta vén de declarar 11 novos focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) en Galicia, noutras tantas comarcas veterinarias de Galicia. En concreto, son cinco novos focos de EHE na provincia da Coruña, nos concellos de Aranga (comarca veterinaria de Teixeiro), Arzúa (comarca veterinaria de Arzúa), Cerdido (comarca veterinaria de Ortegal), Santiago (comarca veterinaria de Santiago) e Santiso (comarca veterinaria de Terra de Melide). Tres novos focos na provincia de Lugo, nos concellos de Ourol (comarca veterinaria da Mariña Occidental), […]

today16 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Núria Figueras e Anna Font recollen o Premio Compostela para Álbums ilustrados pola súa obra ‘A visita’

16/11/2023.- As autoras catalás Núria Figueras e Anna Font recibiron hoxe, nun acto celebrado no Pazo de Raxoi, o "Premio internacional Compostela para álbums ilustrados 2023", convocado polo Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka dotado con 9.000 euros de retribución así como coa publicación da obra en galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués. "A visita" foi seleccionado polo xurado por por tratarse dun "álbum ilustrado perfectamente construído que nos achega a un concepto tan abstracto como é o […]

today16 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Regresan os Premios Xosé Mosquera polo 90 aniversario da radio en Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación da sexta edición deste certame destinado a promover as linguas galega e portuguesa entre a mocidade As solicitudes de participación deberán formalizarse antes do 21 de decembro e os traballos, orixinais e inéditos, poderán enviarse ata o 1 de maio de 2024 A celebración complétase cunha exposición itinerante sobre a figura de Xosé Mosquera e a impartición de obradoiros de podcast nos centros de ensino Santiago de Compostela, 14 de novembro […]

today16 noviembre, 2023

Destacado

Localizado sen vida o veciño de Melide desparecido o mércores

Miguel Ángel Vázquez Ouro natural da parroquia de Felpos no Concello de Palas de Rei, e que actualmente residía en Melide, foi localizado sen vida este xoves, segundo informa Ecos da Comarca. O corpo era atopado por un veciño ao carón do seu vehículo na parroquia de Tallos, no concello de Palas de Rei. Polo momento descoñécense as causas da súa morte. Miguel Ángel, de 50 anos, saíu onte mércores a media tarde da súa casa de Melide para levarlle […]

today16 noviembre, 2023

Actualidad

Os Bonos Corazón estarán dispoñibles para a súa descarga a partir deste venres

Os Bonos Corazón poderánse descargar a partir das 9.30 horas de mañá, 17 de novembro, a través da web bonoscorazoncompostela.gal. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou os detalles da nova convocatoria, á que se destina un orzamento de 433.000 euros. A principal novidade é que nesta ocasión só haberá bonos de 50 euros, e cada persoa poderá adquirir un máximo de tres. Como en edicións anteriores, o Concello achegará o 40% do importe […]

today16 noviembre, 2023

Destacado

A Xunta busca aos mellores queixos de Galicia

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2023.- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, asistiu esta mañá ao inicio do concurso da XXVI Cata dos Queixos Galicia, que organiza a Consellería do Medio Rural a través de dita Axencia. A cata desenvolveuse ao longo da mañá de hoxe na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago, coa participación de 12 expertos que escolleron aos mellores produtos entre 45 mostras. Preto de 30 queixerías participan […]

today16 noviembre, 2023

Destacado

Santiago traballa na recuperación de 21 lavadoiros

O Concello de Santiago desenvolveu un plan de roza e limpeza de lavadoiros, que se complementará cunha segunda fase para súa recuperación e posta en valor. Estes traballos incluíron o baleirado e limpeza das pías, a roza da contorna da parcela, retirada de lixo, depósitos, lama e de herbas de raíz, cunha intervención inicial en 21 lavadoiros que vén de concluír. Entre eles, actuouse no lavadoiro de Picaños, de planta octogonal e cun diámetro de dous metros. Trátase dun elemento […]

today16 noviembre, 2023

Comercio

Reunión entre o goberno de Ames e a directiva dos empresarios de Novo Milladoiro

O alcalde de Ames, Blas García, xunto cos concelleiros de Urbanismo, Víctor Fernández, de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, e da concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, mantiveron unha xuntanza co presidente, Javier Santos, e outros representantes da xunta directiva da Asociación de empresarios do parque empresarial Novo Milladoiro A xuntanza serviu para informar das actuacións relativas á humanización da N-550, así como do ramal de acceso ao polígono correspondente á mellora da intersección da estrada SC-20, PK […]

today16 noviembre, 2023

Deportes

O Grupo Socialista levará a pleno a renovación do céspede do campo de fútbol de Villestro

Esixirán que nos próximos orzamentos se reserve unha partida con este fin, e solicitan ademais que se instalen redes nos laterais do campo para evitar molestias nas casas colindantes “Os máis de 300 rapaces que usan estas instalacións están xogando en caucho” explica Gonzalo Muíños Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2023.- O estado do campo de fútbol de Villestro será debatido no próximo pleno, a instancias do Grupo Socialista, que levará unha proposta solicitando a renovación do seu […]

today16 noviembre, 2023

AD
0%