Santiago estrea un programa de asesoramento a persoas migrantes
A través deste programa, o persoal técnico da Asociación de Migrantes de Galicia, AMIGA, prestará asesoramento ás persoas migrantes, emigrantes retornadas, ou solicitantes de protección internacional, e realizará un seguimento personalizado da súa situación. Ademais das consultas máis xenéricas, atenderánse cuestións relacionadas con procesos de desafiuzamentos, recursos contra denegacións de autorizacións ou contra ordes de expulsión, ou cos procedementos administrativos para o acceso á nacionalidade española. O obxectivo é facilitar unha atención específica a través dunha entidade, AMIGA, que está […]