Esculcando o mundo desde Compostela: A SELIC internacionalízase sen perder de vista a literatura propia
Durante dez días, a Quintana acollerá unha vintena de expositoras (librarías, editoras e institucións) e desenvolveranse máis de 60 actividades, que porán o foco na lectura para demostrar que é unha das mellores cousas que pode facer a humanidade, divertida e útil a un tempo. Un ano máis, a SELIC avanza no seu obxectivo de se converter no "evento literario de referencia a nivel galego", anunciaba Louzao, cun programa moi variado e heterodoxo "capaz de espertar ou ampliar as ganas […]