AD

alvaro

2722 Resultados / Página 286 de 303

Fondo
AD

Destacado

Fernando Suárez seguirá catro anos máis á fronte do CPEIG

A regulación profesional, a colaboración coas administracións, universidades e empresas, a difusión social da profesión e fomento das vocacións tecnolóxicas entre os máis novos, serán as súas principais liñas de traballo Fernando Suárez: “É moi emocionante vivir nestes momentos unha profesión que está cambiando o mundo, polo que é fundamental intentar que a sociedade non teña medo á informática e ensinarlle a utilizar as súas ferramentas de forma segura e consciente” A nova directiva constituíuse hoxe nun acto celebrado no […]

today18 noviembre, 2023

Actualidad

A instrución do Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística reúne a normativa autonómica e estatal de medidas de seguridade dos locais

17/11/2023.- Esta instrución ten por obxecto establecer os criterios que debe seguir o persoal técnico do Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística nos procedementos de inspección que se prevé realizar nos establecementos en que se realicen actividades incluídas no Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da comunidade autónoma de Galicia, co fin de indicar o alcance das comprobacións que deben efectuarse e dos posibles axustes á normativa vixente que se poderán requirir se é o caso, […]

today17 noviembre, 2023

Actualidad

Brión convoca a 12ª Campaña de doazón de alimentos polo Nadal

Todas as persoas e entidades que desexen colaborar poden dende hoxe facer as súas achegas nos distintos centros municipais e no supermercado Froiz de Montebalado 17 de novembro de 2023.- O Concello de Brión pon en marcha por duodécimo ano consecutivo a campaña especial de Nadal de “Brión Solidario”, unha iniciativa que busca recoller alimentos para as familias máis vulnerables do municipio. Uns alimentos que deberán ser non perecedoiros e estar correctamente empaquetados, especialmente azucre, produtos de Nadal, conservas e […]

today17 noviembre, 2023

Actualidad

Reabre o parque infantil da Alameda con novos xogos inclusivos

17/11/2023.- O concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, visitou o espazo infantil da alameda, ubicado xunto ao Campus Sur, para proceder á súa apertura logo da remodelación integral que supuxo a incorporación de novos elementos de xogo e a renovación de pavimento, nunha aposta pola inclusividade. Con esta obra, para a que destinaron 300.000 euros, conseguiuse un parque inclusivo con xogos adaptados e destinados a idades entre 3 e 12 anos. Para a mellora deste espazo utilizáronse elementos naturais como […]

today17 noviembre, 2023

Actualidad

Ames pon en marcha por oitavo ano consecutivo a campaña “Zocos e Trasnos”

Por oitavo ano consecutivo, a Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado presenta a campaña solidaria “Zocos e Trasnos”, unha iniciativa a través da que se pretende que ningún neno nin nena de Ames quede sen agasallo no Nadal. A campaña artéllase en base as cartas que a rapazada (os zocos e zocas) escribe pedindo un regalo concreto Os veciños e as veciñas de Ames que se apunten como “trasnos e trasnas” actuarán como “paxes dos Reis Magos” achegando ese […]

today17 noviembre, 2023

Destacado

Gonzalo Muíños sobre a reelección de Sánchez: “Son catro anos máis de progreso, tamén para Santiago”

O portavoz dos socialistas destacou o compromiso do goberno do Estado coa cidade coa intermodal, o enlace Orbital ou a xestión de fondos europeos para Amor Ruibal e os polideportivos de Vite e Santa Isabel “Nos próximos anos haberá máis cartos para axudas á rehabilitación, un novo xulgado de Violencia de Xénero e máis dereitos e máis protección aos vulnerables” afirmou Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2023.- Coincidindo coa promesa do seu cargo como Presidente, o portavoz dos […]

today17 noviembre, 2023

Destacado

O PP de Santiago solicita a recuperación da parada de autobús dos Concheiros

O concelleiro Adrián Villa lamentou que “logo do que a veciñanza dos Concheiros sufriu con estas obras, non é comprensible eliminar unha parada de autobús que levaba alí toda a vida”. Os veciños do barrio presentaron no rexistro municipal un escrito con 60 sinaturas solicitando que se restableza a parada. O concelleiro do Partido Popular, Adrián Villa, visitou a rúa dos Concheiros onde, despois da urbanización da rúa, a veciñanza perdeu a súa parada de autobús urbano. O edil, que […]

today17 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Lousame conmemorará o 25N coa ópera electrónica ‘Papagena’

A actuación terá lugar o sábado 25 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Lousame. A entrada é gratuíta e está dispoñible a través de bandoticket 17 de novembro de 2023.- O Concello de Lousame conmemorará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa posta en escena de “Papagena”, unha ópera electrónica en galego con perspectiva de xénero protagonizada pola soprano noiesa Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes. Unha actuación totalmente gratuíta e cuxas entradas […]

today17 noviembre, 2023

Educación

O Pino convoca o concurso de postais de Nadal para escolares do municipio

Repartirá premios en libros e material escolar aos mellores traballos en cinco categorías establecidas por idades O prazo de presentación dos debuxos remata o luns 4 de decembro O Pino, 17-11-2023.- O Concello do Pino convoca a vixésimo primeira edición do seu tradicional concurso de postais de Nadal, no que poderán participar todos os escolares do municipio que cursen educación infantil, primaria e secundaria. Teñen de prazo ata o luns 4 de decembro para presentar as súas propostas. O concurso […]

today17 noviembre, 2023

AD
0%