AD

alvaro

2722 Resultados / Página 287 de 303

Fondo
AD

Comercio

A empresa galega H. Paniagua, premiada nos Sleeve Label Awards 2023 en Ámsterdam

A firma está integrada no programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas innovadoras “Galicia Avanza”, que promoven a Xunta e Tecnópole Santiago de Compostela-Ourense, 17 de novembro de 2023.- A empresa galega H. Paniagua, dedicada á elaboración de licores desde 1878, lanzaba no mes de setembro ao mercado “La Pócima”, a marca máis nova do grupo, cunha ampla proposta de bebidas innovadoras. A firma, con sede no concello ourensán do Carballiño, é unha das beneficiarias da segunda edición […]

today17 noviembre, 2023

Deportes

A gran cita ximnástica galega chega esta fin de semana ao Multiusos de Sar

Medio milleiro de atletas e grandes figuras internacionais, esta fin de semana no Xacobeo de Ximnasia Rítmica - II Torneo Internacional Viravolta-Jael e III Gala Internacional As entradas, solidarias coa Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia ASANOG, xa están á venda na web do Club Viravolta Medio milleiro de xoves atletas, entre elas primeiras figuras do panorama internacional, participarán os días 18 e 19 de novembro de 2023 no Xacobeo de Ximnasia Rítmica II Torneo Internacional VIRAVOLTA-JAEL e […]

today17 noviembre, 2023

Deportes

Varias deportistas locais protagonizan a campaña do 25N ‘O teu machismo dá noxo’

17/11/2023.- Baixo o lema "NON HAI PRÓRROGA PARA O MACHISMO. O TEU MACHISMO DÁ NOXO", o vídeo da futbolista compostelá Vero Boquete inaugura a segunda fase desta campaña lanzada polo Concello de Santiago con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, que terá lugar o vindeiro 25 de novembro. O obxectivo destas pílulas informativas que serán difundidas a través das redes sociais é convidar á cidadanía a reflexionar sobre os comportamentos e formas de violencia machistas no […]

today17 noviembre, 2023

Destacado

Boqueixón investirá case 65.000 euros na mellora dos accesos a Mareque e Noenlle

O alcalde Ovidio Rodeiro supervisou o inicio das obras xunto a técnicos da empresa adxudicataria Boqueixón, 17 de novembro de 2023.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, supervisou o inicio das obras do “Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2023-2024”, nas que o Concello de Boqueixón vai investir un total de 64.973,37 euros. “Unha actuación que suporá unha mellora significativa dos accesos ás localidades de Mareque e Noenlle, na parroquia de Sergude, onde imos reparar […]

today17 noviembre, 2023

Deportes

Rois celebrará o 7 de xaneiro o I Trail e Andaina Montes de Oleirón

As inscricións están xa abertas ata o 2 de xaneiro en www.emesports.es O trail, de 21,5 quilómetros, contará con seis categorías e premios para os participantes mellor clasificados A andaina terá dez quilómetros e será gratuíta para as persoas menores de idade 17-11-2023. O Concello de Rois poñeralle o punto final ao Nadal coa estrea do Trail e Andaina Montes de Oleirón, proba que se disputará na mañá do domingo 7 de xaneiro e para a que xa están abertas […]

today17 noviembre, 2023

Comercio

Feiraco colabora co “II Torneo Internacional Viravolta Jael” de ximnasia rítmica

Todos os participantes e asistentes a este certame, que reunirá a centos de deportistas procedentes de diferentes países, recibirán batidos da láctea Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2023.- A empresa láctea galega Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN e con sede no concello coruñés de Ames, colabora co “II Torneo Internacional Viravolta Jael” de ximnasia rítmica, que se celebra ao longo desta fin de semana (18 e 19 de novembro) en Santiago, no Multiusos Fontes do Sar. […]

today17 noviembre, 2023

Destacado

Investigadores galegos avanzan na mellora xenética do castiñeiro galego

Imaxe de portada: Beatriz Míguez Soto, bióloga do Centro de Investigación Forestal de Lourizán Será o tema da conferencia deste luns das xornadas Luis Asorey, promovidas pola Academia Galega de Ciencias e a Deputación de Lugo Beatriz Míguez, bióloga do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, ofrecerá a charla na Deputación ás 19:00 horas Santiago de Compostela-Lugo, 17 de novembro de 2023.- A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da […]

today17 noviembre, 2023

Actualidad

Detectados 11 novos focos de enfermidade hemorráxica nas catro provincias galegas

A Xunta vén de declarar 11 novos focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) en Galicia, noutras tantas comarcas veterinarias de Galicia. En concreto, son cinco novos focos de EHE na provincia da Coruña, nos concellos de Aranga (comarca veterinaria de Teixeiro), Arzúa (comarca veterinaria de Arzúa), Cerdido (comarca veterinaria de Ortegal), Santiago (comarca veterinaria de Santiago) e Santiso (comarca veterinaria de Terra de Melide). Tres novos focos na provincia de Lugo, nos concellos de Ourol (comarca veterinaria da Mariña Occidental), […]

today16 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Núria Figueras e Anna Font recollen o Premio Compostela para Álbums ilustrados pola súa obra ‘A visita’

16/11/2023.- As autoras catalás Núria Figueras e Anna Font recibiron hoxe, nun acto celebrado no Pazo de Raxoi, o "Premio internacional Compostela para álbums ilustrados 2023", convocado polo Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka dotado con 9.000 euros de retribución así como coa publicación da obra en galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués. "A visita" foi seleccionado polo xurado por por tratarse dun "álbum ilustrado perfectamente construído que nos achega a un concepto tan abstracto como é o […]

today16 noviembre, 2023

AD
0%