A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia un «novo colapso en urxencias»
Comunicado da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS: "No día onte, 22 de novembro do 2023, os pacientes dos servizos de urxencias do CHUS padeceron outro episodio de colapso no que se vulnerou o seu dereito a intimidade e a dignidade. Durante toda a tarde os corredores estiveron cheos de pacientes graves agardando ser atendidos nas zonas de traballo. Ás 19:30 horas, 13 pacientes graves en padiolas e cadeiras de rodas, e algún deles con ostensibles episodios de dor, […]