O decano de Xeografía e Historia mostra o seu apoio á acampada a favor de Gaza
Uns douscentos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) levan a cabo desde o pasado martes unha acampada indefinida na facultade de Xeografía e Historia en protesta contra o xenocidio israelí en Gaza. Durante a protesta, os estudantes recibiron o apoio público do decano da facultade, Marco Virgilio Garcia Quintela, que nun comunicado declarou compartir a causa da protesta e ofreceuse para organizar a protesta sen afectar o funcionamento da facultade. Os estudantes da USC que participan no peche […]