O filme Puan inaugura o Cineuropa 37 que reivindica o papel subversivo da comedia
03/11/2023-. Do 9 ao 25 de novembro, o certame leva ás salas de Compostela 115 filmes e numerosas actividades paralelas, con concertos e proxeccións especiais, mesas redondas e obradoiros arredor do cinema. Os premios Cineuropa distinguen en 2023 as traxectorias do actor Luis Zahera, do director portugués João Canijo e da actriz Ana Torrent. O Cineuropa 37 conmemora tamén o centenario do nacemento de Jorge Semprún, coa presenza do cineasta Costa-Gavras, e move á reflexión sobre a historia da democracia […]