AD

alvaro

6773 Resultados / Página 328 de 753

Fondo
AD

Comarca

A Estrada regulariza os pagos a provedores e recupera a habitual solvencia económica

Un pleno extraordinario permitirá aprobar o recoñecemento extraxudicial de crédito para o pago de 1.478.280 euros en facturas pendentes. Con este abono o Concello da Estrada regulariza os pagos pendentes e correspondentes co exercicio 2024, tras a delicada situación que supuxo a demora no abono de fondos europeos por parte do Goberno Central. Boa parte da contía correspóndese con facturas de subministro eléctrico e de servizos de Sogama. A Estrada, 21 de abril de 2025.- O Concello da Estrada conseguiu […]

today21 abril, 2025

Comarca

Investiranse máis de 245.000€ na mellora do edificio da Escola Municipal de Música de Ames

O obxecto de dita actuación é realizar diversas melloras no edificio que emprega o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, situado na urbanización de Aldea Nova. Tamén se vai acondicionar unha estancia para a Agrupación de Protección Civil de Ames. Este edificio foi construído en 1996. As obras consisten na substitución do material de cubrición da cuberta e a adecuación dunha estancia existente para uso do espazo para os voluntarios/as de Protección Civil O concelleiro de Obras e […]

today21 abril, 2025

Comarca

Padrón e Santiago reforzan o irmandamento con colaboracións que benefician a actividade cotiá

• Anxo Arca agradécelle a Goretti Sanmartín a axuda para formar os tribunais do proceso de estabilización de persoal do concello padronés • O rexedor tivo tamén palabras de condolencia polo pasamento do papa Francisco, ao que cualificou de “reformista no seo da Igrexa” • A alcaldesa compostelá lembrou hoxe “ás mulleres que non saen nos libros, que non escriben na historia, pero sempre a fixeron” • O dous municipios renovan unha unión que se celebra dende hai máis de […]

today21 abril, 2025

Actualidad

O Obradoiro lanza un concurso para buscar o seu himno

O Multiusos Fontes do Sar xa é coñecido por vibrar co “Miudiño” antes de cada partido, mais agora o club quere dar un paso máis e crear un himno propio que acompañe os momentos decisivos de cada encontro. Obradoiro CAB lanza unha convocatoria aberta a todos os seareiros e amantes da música para contribuír con propostas que poderían converterse no símbolo sonoro do club. A idea é clara: crear unha peza que fortaleza o sentimento colectivo, un canto que se […]

today21 abril, 2025

Actualidad

Santiago abre o prazo de inscrición no Programa de conciliación de verán

A Xunta de Goberno Local aprobou o procedemento de admisión e os prezos do programa municipal de conciliación de verán 2025, que se desenvolverá nas instalacións do CEIP Ramón Cabanillas e do CEIP Monte dos Postes e que está destinado a nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago de Compostela ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria do municipio de Santiago, entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria […]

today21 abril, 2025

Actualidad

O espectáculo dos Fogos do Apóstolo sairá a licitación por dous anos consecutivos

O inicio do expediente para licitar os Fogos do Apóstolo por un importe de algo máis de 519.000 euros foi un dos asuntos aprobados hoxe na sesión ordinaria da Xunta de Goberno, na que tamén se tomou conta de dúas axudas do Consorcio e se solicitou a Mercagalicia a convocatoria dunha consulta preliminar ao mercado co obxectivo coñecer o interese e as condicións das operadoras na colaboración público-privada para a xestión da plataforma loxística de mercadorías. O executivo municipal aprobou hoxe […]

today21 abril, 2025

Actualidad

O PP acusa ao goberno local de ter «completamente abandonado» o barrio do Castiñeiriño

Rubio advertiu que esta área compostelá, a pesar de ser unha das zonas con maior potencial de crecemento e vida da cidade, “leva dous anos completamente esquecida polo goberno, quen nin sequera foi quen de acometer as melloras máis básicas que a veciñanza leva reclamando dende hai tempo, deixando este espazo nun estado indigno e intolerable”. “A realidade do Castiñeiriño non é unha excepción: é unha mostra clara de como este goberno prioriza a propaganda por riba das necesidades reais […]

today21 abril, 2025

Comarca

Louzao: “Lonxe da parálise, este foi un ano de avances para A Estrada”

Xusto cando se cumpre un ano dende que tomou o bastón de mando da Estrada, o alcalde recoñece a intensidade e as vivencias destes 12 meses e amósase ilusionado polos proxectos nos que o Concello está inmerso. Renderá contas á cidadanía deste primeiro ano de mandato nun acto público e aberto programado para o sábado 26 de abril, no Teatro Principal. “Un cambio tan importante como é suceder a un gran líder serviu tamén para facer entre os dous un […]

today21 abril, 2025

Comarca

Aumentan as inscricións funerarias en galego en Noia e Porto do Son

Segundo un estudo da catedrática Aurora Marco, en Noia e Porto do Son os epitafios en galego chegan ao 20%, unha cifra semellante a de Rianxo As cinzas da nobre María de Bolaño descansan na igrexa de Santa María de Meira nun sepulcro de pedra labrada en 1518 e as da escritora Rosalía de Castro están no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, desde 1891. Esas datas referenciais representan o final dun ciclo (a etapa dourada) e […]

today21 abril, 2025

AD