O alcalde de Rianxo acusa ao PSOE de «banalizar o xenocidio franquista»
O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, acusou ao Partido Socialista de "banalizar o xenocidio franquista" despois de que, durante o pleno do 31 de outubro, este cualificase as súas accións políticas como "rozando os procesos ditatoriais de antaño". Bustelo, visiblemente indignado, considerou esta afirmación "unha falta de respecto" ás persoas que sufriron a represión da ditadura, incluíndo moitos militantes do propio PSOE. Coincidindo coa xornada de homenaxe ás vítimas da ditadura, Bustelo defendeu o seu compromiso coa recuperación da memoria […]