Padrón, sede do Campionato de España de Billar
O Concello de Padrón acolle o Campionato de España de billar a Tres Bandas coa presenza de 165 participantes que converterán á vila no epicentro deste deporte ata o vindeiro sábado 27 de xaneiro. O alcalde, Anxo Arca e o concelleiro de Deportes, Luis Marino, asistiron ao acto de presentación desta cita e animaron ás persoas inscritas a “desfrutar do noso pobo”. Na súa intervención, o rexedor destacou o esforzo do Concello por “promover eventos con repercusión […]