Catro feridos tras colidir un turismo contra unha árbore en Arzúa
Catro ocupantes dun turismo foron trasladados a un centro hospitalario despois de que o coche no que viaxaban chocase contra unha árbore no lugar do Rial, en Pantiñobre, Arzúa. O accidente tivo lugar onte, mércores, ao redor das 22:10 horas, segundo informou o 112 Galicia. Un particular alertou aos servizos de emerxencia, e de inmediato mobilizáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Arzúa e a Garda Civil de Tráfico. Á chegada dos bombeiros, os ocupantes xa se atopaban […]