Pontón compromete acelerar o CEIP do Milladoiro e a ampliación do centro de saúde de Bertamiráns
Basta xa de facer esperar anos aos nenos e ás nenas de Ames e ás súas familias por unha infraestrutura educativa esencial, afirma Avanza que un Goberno liderado polo BNG cumprirá co concello e coa comarca reforzando os servizos públicos e mellorando as infraestruturas Santiago de Compostela, 18 xaneiro 2023.- A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, participou nun acto público en Ames dentro dos actos de precampaña que está a desenvolver o BNG, […]