Unha colisión entre dous coches deixou tres persoas feridas en Ribeira
Ocorreu no quilómetro 5 da AC-303, en Olveira. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos dez minutos despois do mediodía, a través do sistema de aviso automático dun dos vehículos implicados. Durante a primeira comunicación, sinalouse que había polo menos un ferido e, pouco despois, os medios no punto engadiron que varias persoas permanecían no interior dos coches. Nada máis recibir a información sobre este accidente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención de Urxencias […]