Un home ferido tras chocar contra unha árbore en Teo
Un condutor tivo que ser excarcerado na madrugada deste martes en Teo logo de sufrir un accidente de tráfico na estrada DP-6502, ao seu paso pola parroquia de Lampai. Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse pouco despois da medianoite, cando un particular alertou de que o vehículo saíra da vía e impactara contra unha árbore, quedando o ocupante no seu interior sen poder saír. Ata o punto desprazáronse efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES […]