Exposición ‘Picheleiras: O traxe tradicional nas Terras de Compostela’ da Asociación do Traxe Galego
A Asociación do Traxe Galego (ATG) clausura o seu 30º aniversario cunha exposición única que recupera a riqueza e singularidade dos traxes tradicionais composteláns, coñecidos como “traxes de brillantes”. A mostra poderá visitarse do 11 de decembro ao 7 de xaneiro de 2026, en Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago de Compostela, planta baixa. Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025.- Do 11 de decembro ao 7 de xaneiro, a Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés […]