AD

alvaro

5936 Resultados / Página 8 de 660

Fondo
AD

Actualidad

PSdeG: «Declarar Santiago zona tensionada non resolverá por si soa o problema da vivenda»

Marta Abal advirte de que declarar Santiago zona tensionada non resolverá por si soa o problema da vivenda e insiste na necesidade de medidas complementarias. A concelleira socialista alerta de que en Santiago “non hai vivenda para alugar a prezos accesibles” e reclama actuar xa sobre o parque de vivenda baleira. As e os socialistas denuncian a falta de ambición nas políticas de vivenda e esixen á Xunta e ao Concello actuar con máis decisión e coordinación. Santiago de Compostela, […]

today11 marzo, 2026

Actualidad

O PP denuncia tres anos de “inacción” do goberno de Santiago en materia de vivenda

O popular avogou por “establecer incentivos fiscais municipais para quen rehabilite inmobles destinados a residencia habitual; bonificacións vinculadas ao alugueiro estable e de longa duración; axilización real de licenzas urbanísticas, reducindo prazos e simplificando trámites; e colaboración coa Xunta e o Estado”; entre outras medidas. O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, acusou hoxe, en rolda de prensa, ao goberno de BNG e CA de “incapacidade total para resolver o problema da vivenda, ante a súa inacción, […]

today11 marzo, 2026

Comarca

Conta atrás para a XI Andaina Terras de Altamira, que se celebrará o 23 de maio en Brión

O Concello de Brión acollerá o sábado 23 de maio de 2026 a XI edición da Andaina Terras de Altamira, unha cita xa consolidada no calendario galego do sendeirismo e que volverá reunir centos de participantes arredor do deporte, da natureza e da convivencia. Esta nova edición volverá ser proba oficial da Federación Galega de Montañismo, integrada na Liga Galega de Andainas e na Liga Ibérica de Sendeirismo. A proba manterá o formato das últimas edicións, con tres distancias de […]

today11 marzo, 2026

Actualidad

BNG chama a recuperar os nomes e apelidos na súa forma orixinal galega

Esta acción forma parte da campaña “Pronúnciate!” que vén desenvolvendo a nível nacional O BNG de Compostela reunirase ás 12:30 h deste xoves, día 12 de marzo, diante dos xulgados de Fontiñas para facer un chamamento a todas as persoas que queiran recuperar os seus nomes e apelidos na súa forma galega. O acto, que reunirá militancia e simpatizantes, e ao que se achegará a alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, busca loitar contra a deturpación de nomes e apelidos […]

today11 marzo, 2026

Actualidad

O XVII Santiago(é)Tapas supera as 33.000 tapas vendidas

O concurso que organiza Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña entregará os seus premios o luns 16 de marzo no Auditorio de Galicia. Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Compostela, continúa a consolidar o seu éxito de participación e consumo. Nesta edición superáronse as 33.000 tapas vendidas, unha cifra que supón un incremento do 10% respecto ao ano anterior e confirma a boa acollida do público e a implicación dos establecementos participantes. O número de tapas vendidas nesta edición sitúase […]

today11 marzo, 2026

Destacado

Santiago garda un minuto de silencio polo 22 aniversario dos atentados de Madrid

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e outros integrantes da Corporación Municipal participaron na mañá deste mércores nun minuto de silencio na praza do Obradoiro en recordo das 193 vítimas mortais e en solidaridade cos sobreviventes dos atentados terroristas en catro trens da rede cercanías de Madrid, dos que se cumplen 22 anos este 11 de marzo. O Concello de Santiago pretende con este acto trasladar o seu apoio e cariño ás familias das vítimas e as persoas que se […]

today11 marzo, 2026

Deportes

O TK Denodo, presente no Campionato de España cadete de taekwondo

Dmytro Kushniruk, Jorge Nogueiras e Xián Paz foron os representantes da delegación amesá na competición estatal Os prometedores deportistas amesáns formaron parte dunha selección galega que acadou a primeira posición no medalleiro xeral e feminino, e a segunda posición no masculino Ames, 10 de marzo de 2026.- O club TK Denodo de Bertamiráns está de celebración logo de que tres dos seus deportistas participasen no Campionato de España cadete de taekwondo celebrado en San Vicente del Raspeig (Alicante) os días […]

today11 marzo, 2026

Comarca

Un boleto sellado en Sergude gana 500.000 euros en La Primitiva

Un boleto sellado en Sergude, en el municipio de Boqueixón, resultó premiado con 500.000 euros en el último sorteo de La Primitiva al acertar cinco números y el complementario. La combinación ganadora estuvo formada por 3, 7, 26, 39, 42 y 44, con 32 como complementario y 9 como reintegro. No hubo acertantes de categoría especial, por lo que el bote del próximo sorteo asciende a 121,5 millones de euros, según Loterías y Apuestas del Estado.

today11 marzo, 2026

Comarca

Así será o novo parque de Pardiñeiros no Milladoiro: inclusivo e para rapazada de máis idade

O orzamento base de licitación rondará os 300.000 euros (IVE incluido) e contempla a renovación integral do espazo O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explicou que este é un modelo de parque pensado para a inclusión e convivencia de rapaza dun gran rango de idades e diferentes capacidades” Ames, 11 de marzo de 2026.- O proxecto de actuación no parque Pardiñeiros contempla unha intervención integral orientada ao redeseño e á mellora global deste espazo público, co obxectivo […]

today11 marzo, 2026

AD