Santiago acolle o Foro sobre a influencia dos medios de comunicación na loita contra a cíberviolencia machista
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2025.- O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, Roberto Barba Alvedro, a delegada do reitor para a Igualdade, Sonia Esperanza Rodríguez, e a presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia, María Méndez, inaugurarán mañá, xoves 20 de novembro, no Hotel Oca Puerta del Camino, na capital galega, unha nova edición do Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero. Organizado pola APG, en colaboración coa Dirección […]