Filtracións na intermodal: UCIN alerta do deterioro prematuro da infraestrutura
UCIN Galicia volve poñer o foco nas deficiencias da estación intermodal internacional de Santiago de Compostela, unha infraestrutura recentemente inaugurada pero que xa presenta numerosos problemas de funcionamento. A formación, coordinada por José Luis Calo, leva anos advertindo destas carencias e presentando propostas concretas, pero —segundo denuncian— as administracións continúan sen atender ás súas demandas. Entre as principais peticións realizadas por UCIN Galicia destacan a revisión urxente das estruturas afectadas por filtracións e inundacións, especialmente nos accesos e andeis; a […]