«Santiago é unha cidade segura», coinciden BNG, CA, PP e PSOE… antes de discrepar en todo o demais
No primeiro Hai Debate, os representantes do BNG, PP, PSdeG-PSOE e Compostela Aberta analizaron con intensidade o estado da seguridade en Santiago. A falta de efectivos na Policía Local e no corpo de bombeiros protagonizou un encontro onde cada forza fixo o seu diagnóstico e lanzou propostas... e tamén reproches. As tensións non faltaron: Adrián Villa (PP) acusou ao Goberno local de “desatención” e “mentir sobre os efectivos reais”, mentres María Rozas (CA) advertiu que “mesturar todo é irresponsable e […]