AD

alvaro

5936 Resultados / Página 99 de 660

Fondo
AD

Actualidad

Manuel Oreiro: “O Fairway é un espazo de diálogo, de compartir experiencias e de facer contactos profesionais”

O codirector do foro profesional sobre el Camiño de Santiago, salienta que a sexta edición chega “repleta de actividades para todos os públicos, máis internacional ca nunca e con moitas sorpresas e agasallos” O Fairway, Fórum do Camiño de Santiago, cumpre dez anos e celebra a súa sexta edición cunha fin de semana chea de propostas na Cidade da Cultura de Santiago. O evento, que se desenvolverá do 9 ao 11 de novembro, combina divulgación, formación, gastronomía, música e negocio, […]

today5 noviembre, 2025

Actualidad

Suspendida a actividade deportiva federada ao aire libre pola alerta laranxa por choiva

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de anunciar a suspensión de toda a actividade deportiva federada e xogada ao aire libre nos concellos do suroeste da provincia da Coruña e no litoral e Miño de Pontevedra debido á activación da alerta laranxa por choiva. A medida estará vixente desde as 00:00 ata as 16:00 horas deste mércores, 5 de novembro de 2025, ante a previsión de precipitacións moi intensas e risco de inundacións en varias zonas. Os concellos afectados […]

today4 noviembre, 2025

Actualidad

O parque de bombeiros de Santiago queda inoperativo por terceira vez en poucos días

Por terceira vez en apenas uns días, o Parque de Bombeiros de Santiago de Compostela volve quedar inoperativo. Segundo denunciaron os propios profesionais, só catro bombeiros e bombeiras están de servizo durante 24 horas para protexer a capital de Galicia, cidade Patrimonio da Humanidade. Esta situación, advirten, obriga a solicitar apoio ao 112 en caso de emerxencia, o que implica mobilizar efectivos doutros concellos e retarda a saída dos medios, multiplicando o tempo de resposta e poñendo en risco tanto […]

today4 noviembre, 2025

Actualidad

Servizo de bus especial este sábado para acudir á ‘caldeira’

Con motivo da celebración do partido de baloncesto do Monbus Obradoiro o sábado 8 de novembro ás 18.30 horas no multiusos Fontes do Sar, haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa a partir das 17.30 horas. A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 17:30, 17:45, 18:05 e 18:15. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na praza de Galicia, rúa da Ensinanza […]

today4 noviembre, 2025

Comarca

Brión inicia os actos de conmemoración do 25N cun obradoiro de autocoidado feminino

4 de novembro de 2025.- O centro social polivalente acolleu esta mañá o obradoiro “O descanso da guerreira”, unha actividade coa que o Concello de Brión dá inicio á programación especial de actividades arredor do 25 de novembro e que inclúe obradoiros, relatorios, teatro e andainas, todas elas de balde. A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Rosa Romero, explica que “este ano o programa está centrado en dous obxectivos principais: difundir información sobre os recursos legais, psicolóxicos e económicos […]

today4 noviembre, 2025

Comarca

Ames desbrozará e limpará os núcleos rurais do municipio

O alcalde, Blas García, destaca “a importancia de volver a contar con este servizo que foi posto en marcha no ano 2021 cunha moi boa acollida entre a veciñanza amesá. O anterior contrato tivo que resolverse debido á quebra da anterior concesionaria de dito servizo. É unha clara aposta polo rural amesán, e en concreto, unha aposta seria e firme pola conservación dos nosos núcleos rurais” O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “este servizo foi […]

today4 noviembre, 2025

Comarca

Comezan as obras de construción de dúas novas sendas peonís en Sergude e Lestedo

Supoñen un investimento de máis de 435.000 euros Boqueixón, 4 de novembro de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de construción de dúas novas sendas peonís no municipio, concretamente nas parroquias de Sergude e de Lestedo, nas que inviste máis de 435.000 euros. Así, a nova sende de Sergude permitirá conectar a igrexa da parroquia e as aldeas de Lamas e Deseiro de Abaixo co cruce da N-525, mellorando así a seguridade e accesibilidade dos veciños […]

today4 noviembre, 2025

Comarca

Padrón executa dous novos parques infantís en Estramundi e na rúa Vila de Rianxo

• Con estas actuacións o Concello suma xa cinco espazos de xogo renovados durante o goberno de Anxo Arca • As novas áreas levarán os nomes de dúas pioneiras galegas da ciencia, Inmaculada Paz-Andrade e Olimpia Valencia, en recoñecemento ao seu legado profesional e humano Padrón. 4-11-2025.- O Concello de Padrón vén de iniciar as obras de construción de dous novos espazos de lecer infantil, un situado no campo da Devesa, en Estramundi, e outro na rúa Vila de Rianxo. […]

today4 noviembre, 2025

Actualidad

Arzúa impulsa o comercio e a hostalaría cunha nova edición do Día do Comercio Local

Martes, 4 de novembro de 2025. O Concello de Arzúa, a través da Concellaría de Turismo, Promoción Económica e Acción Urbana, que dirixe Begoña Balado, vén de anunciar unha nova edición do Día do Comercio Local, que se celebrará entre o 6 e o 8 de decembro. A iniciativa, que cumpre xa a súa 13ª edición, nace co obxectivo de dinamizar o comercio e a hostalaría arzuá coincidindo coa chegada da campaña de Nadal e coa feira quincenal, dous momentos […]

today4 noviembre, 2025

AD