Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Durante o pasado ano 2024 o Concello de Rianxo botou a andar o Plan Municipal de Compostaxe, o cal se traduciu nun primeiro momento no reparto de máis de un cento de composteiros domésticos entre a veciñanza que o solicitou, así como no instalación de cinco composteiros comunitarios en diferentes puntos da vila.
En Galicia, case un 50% da bolsa do lixo é materia orgánica, polo que favorecer que este lixo non acabe nos colectores non só favorece que poida ter unha segunda vida como compost, senón que tamén significa reducir a contaminación xerado polo seu tratamento e os custos económicos deste, o que tamén repercute nas arcas municipais.
O Plan Municipal de Compostaxe continúa este ano co reparto de novos composteiros domésticos que xa están a disposición dos veciños e veciñas que o soliciten, así como coa implantación do colector marrón no municipio. Con este favorecerase a recollida separada da fracción orgánica o que repercutirá nos beneficios relativos ao seu tratamento antes sinalados.
Este plan enmárcase dentro do proceso de licitación do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria que o Concello de Rianxo pretende levar a cabo durante o presente exercicio. Tal e como destacou o Alcalde, Julián Bustelo, “nestes últimos meses vimos traballando, tamén da man con outros municipios da comarca, no estudo das diferentes alternativas para a renovación do servizo e a implementación das diferentes novidades impostas pola normativa vixente na materia
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)