AD

Comarca

Baldomero Iglesias Dobarrio, nomeado Fillo Adoptivo de Mesía

today16 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

O pasado sábado, 14 de decembro, celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Mesía un emotivo acto no que Baldomero Iglesias Dobarrio, máis coñecido como “Mero”, foi nomeado Fillo Adoptivo deste municipio. O evento, que comezou ás 12:00 horas, congregou arredor de 130 persoas, entre elas autoridades locais, veciños, antigos compañeiros do CPI Xanceda, músicos, poetas, membros de asociacións culturais, e, por suposto, a familia e os amigos do homenaxeado.

Entre as personalidades destacadas que asistiron ao acto atopábanse a alcaldesa de Paradela e o alcalde de Abadín, quen quixeron acompañar a “Mero” nun día tan especial. A xornada estivo marcada pola emoción e a gratitude, co protagonista lembrando vivencias e persoas que marcaron a súa traxectoria.

Durante o seu discurso, Baldomero Iglesias destacou o seu traballo de investigación e recollida da tradición oral na contorna de Mesía, un labor que culminou coa doazón destes materiais ao Museo do Pobo Galego no ano 2007. Tamén fixo unha especial mención a moitos veciños de lugares como Xanceda, Lanzá e Olas, coas súas historias e vivencias que formaron parte da súa tarefa de preservación cultural.

«Mero» lembrouse tamén con agarimo dos seus alumnos e dos amigos que quedaron no camiño, facendo fincapé na importancia de manter vivas as raíces culturais e a memoria colectiva. O nomeado aproveitou para expresar a súa profunda gratitude a todas as persoas que contribuíron a este recoñecemento, destacando o vínculo especial que sempre sentiu con Mesía e a súa xente.

O acto foi un reflexo do profundo respecto e admiración que a comunidade sente por Baldomero Iglesias Dobarrio, quen segue a ser un exemplo no ámbito da cultura e da preservación da memoria histórica galega. A súa designación como Fillo Adoptivo de Mesía é un recoñecemento máis que merecido ao seu incansable labor en favor da cultura galega.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *